Lixo con vistas á Ría

| 30 de janeiro de 2010

Que a nosa costa ten unhas vistas marabillosas sabémolo todos, pero se nesta marabillosa paisaxe costeira permitimos que o lixo se acumule durante días


rompemos todo o encanto convertendo unhas boas vistas nunhas vistas de lixo, por non dicir outra palabra.
Máis información en S.O.S. Pontedeume ¡denuncia!.

Está sucio ou vén así de fábrica

| 10 de outubro de 2009

O titular podería ser o que se preguntaran os veciños que teñen que soportar esta visión todos os días, sen contar os olores,


aínda que esta visión a contemplan ademais dos veciños moita máis xente dada a situación deste fronte aos supermercados da avenida de Ferrol, polo que xorde a dúbida de estarán sucios ou é que veñen así de fábrica?

Se correos aparca, eu tamén

| 28 de agosto de 2009

Que en Pontedeume non hai o aparcamento necesario para a absorción de todos os vehículos que nos visitan, é sabido, pero iso non creo sexa a excusa que permita que este vehículo estacione na beirarrúa,

no que parece dicir "se correos aparca, eu tamén", ainda que o que menos sorprende é o lugar por onde accedeu ao aparcamento.

Aparco aquí e non me digas nada que te...

| 19 de agosto de 2009


Unha fotografía sen desperdicio e na que as verbas sobran, pero o mellor da historia é que o condutor deste vehículo ainda tivo mais que dicir.
A historia desta fotografía podédela ver en S.O.S. Pontedeume ¡denuncia!.

Tendido eléctrico do século pasado

| 7 de agosto de 2009


Tendido eléctrico que se ve no casco histórico de Pontedeume desde a rúa Real e que denota unha deixadez mais que evidente e o que pode sera ainda peor xa que pode supoñer un perigo para todos os viandantes.

Avituallamento no Camiño Inglés

| 14 de julho de 2009

Que o Camiño Inglés pasa por Pontedeume sabémolo todos, que os peregrinos merecen toda a nosa atención e avituallamento, tamén o sabemos, pero ¿é a praza de España onde están os taxis un punto de avituallamento?.

Caixas de sardiñas na beirarrúa

| 6 de julho de 2009

Que estamos no tempo de que a "sardiña molla o pan" non xustifica a seguinte fotografía


unha estampa que puidemos ver durante toda a fin de semana nunha beirarrúa a carón dun bar, sin mencionar o cheiro que alí había e que como comprenderedes non reproducirei aquí.

A maleza invade a estrada de Centroña

| 19 de maio de 2009


Como todos os anos por estas datas a maleza invade a estrada de Centroña facendo que esta xa sexa máis estreita e perigosa tanto para vehículos como para os peóns que recordemos non teñen beirarrúas.

Aínda estás a tempo de apostar

| 11 de maio de 2009

Que unha árbore se rompa non é moi normal pero entra dentro das posibilidades, pero que se estean a facer apostas para ver quen acerta cando se retira, non é moi lóxico pero é certo. Esta situación é a que nos comenta un veciño que se está a dar cunha árbore do Paseo Marítimo, concretamente dunha que se encontra xunto á piscina municipal da que nos remite unha fotografía.


¿Quen a gañará?.

Bambáns con baño incluído

| 4 de maio de 2009


Que en Pontedeume non hai moitos bambáns sábeno moitos pais por non dicir todos, e que estes teñen incorporado o baño sábeno tamén os nenos posto que chegan co calzado á casa lavado, iso se non teñen a sorte de nun descoido levar a roupa tamén lavada.

Como non pasa nada ¡aparco aquí!

| 1 de abril de 2009

Todos sabemos do pouco lugar destinado a aparcadoiros que temos en Pontedeume, pero iso non é motivo para aparcar nun lugar destinado a persoas con mobilidade reducida debidamente identificadas, con mais inri de que este tipo de vehículos xa teñen habilitado un lugar e horario para carga e descarga


ainda que é un problema que xa ven de atrás e se repite mais que os allos.

¿E se colocamos un colector mais?

| 22 de março de 2009

Os eumeses sabemos dos problemas coa recollida do lixo en Pontedeume, un problema que ven de lonxe, pero sabendo estos problemas ¿porqué non se aumentan os colectores de lixo para evitar situacións como estas?.