Unha imaxe da que sobran ás palabras, pois amosa claramente cal é o que alguén entende por liberdade.
Varrer para debaixo da alfombra
Tras o temporal que pasamos estes días son moitas as ramas e follas que se ven polo chan, polo que os sumidoiros se atascan e hai que limpalos, pero o que creo que non se debe facer é limpar e botar o que quita á beirarrúa e ao carril-bici, porque eso chámase varrer para debaixo da alfombra.
¿Qué foi o que lle pasou a esta pedra?
Ainda que parezan pedras, son algo mais, pois para moita xente representan recordos xa que pasaron moitos momentos da súa xuventude sentados nelas mentres miraban pra ría e conversaban cos amigos.
Mentres non sexamos máis civilizados, temos o que merecemos
Un veciño de Centroña mándanos estas fotografías que mostran o abandono da fonte, ten no seu interior tellas rotas do seu propio tellado que se vén abaixo, e o peor é o que se pode ver en esta, unha botella de lavalouza, polo que este veciño di que temos o que merecemos mentres non sexamos máis civilizados.
¿Hoxe é primeiro martes de mes?
Os eumeses sabemos que o primeiro martes de mes recollen polas rúas todo aquelo que xa non nos serve e que non podemos tirar aos colectores de lixo, pero ¿e hoxe primeiro martes de mes?, creo que non é o caso, polo que ainda que pareza mentira o lixo da fotografía anterior estará na beirarrúa ata que o concello pase a recollelo o vindeiro ano.
Vandalismo cos colectores de lixo
É titular que se me ocorre para este acto bárbaro e violento ao prenderlle lume, máxime tendo en conta a proximidade ás vivendas e o perigo que supón para estas, chega con observar as marcas deixadas polo fume na parede.
De Pontedeume ao ceo
Tras un breve descanso, seguimos a poñer as fotografías que me mandades.
Nesta ocasión trátase dunha fotografía que ainda que leve moito tempo así non perde o seu interese, tal e como denunciaron hai moitos meses en S.O.S. Pontedeume ¡denuncia!. Os eumeses sabemos que desde aquí ao ceo pero os pelegríns que seguen o Camiño Inglés non acertan co significado deste sinal, ou ¿será para decirlles que teñen que subir o monte de Breamo?.

Aos veciños impórtalles
Hai uns días nesta entrada denunciábase o estado dos macetoiros que puxo o concello, pois só servían para colilleiros ou receptores dos restos do botellón

unha situación que os veciños e comerciantes quixeron poñerlle fin ante a chegada próxima do Nadal, decorarando o mesmo e dándolle a imaxe que segundo eles e moitos de nós, Pontedeume merece.

unha situación que os veciños e comerciantes quixeron poñerlle fin ante a chegada próxima do Nadal, decorarando o mesmo e dándolle a imaxe que segundo eles e moitos de nós, Pontedeume merece.

O descanso do sinal
Un lector mándanos esta fotografía na que vese como o sinal que prohibe a subida desde o cemiterio de Centroña non cumpre có obxectivo pro que foi posto xa que está tumbada nun lateral, sinal que ata fai ben pouco estaba tirada no chan pero os propios veciños a puxeron no lugar onde agora se atopa, polo que pregúntanse ¿está canso o sinal?.
Assinar:
Postagens (Atom)