A canteira do botellón está garantida

| 6 de outubro de 2008

Un seguidor deste blogue achéganos mediante correo unha fotografía na que por adiantado xa nos dí que a calidade non é moi boa, sacouna co móbil, pero dada a súa importancia quere publicala.
A fotografía corresponde as 22'00 horas do sábado na que había moitos cativos con idades comprendidas entre os 10 e 12 anos no xardín de Lombardero asomados ao patio dos almacéns de raxoi, uns rapaces que chamados polo ruido que montaban os botelloneros xaleaban as súas tropelías, correspondendo estes últimos a trompos, berros e algunha que outra picada de roda dos vehículos que había no patio, polo que segundo este lector chega a conclusión de que a canteira dos botelloneros está garantida.

0 comentários: