Que o servizo sexa privado ou non é o de menos, pero o lixo hai que recollelo

| 13 de outubro de 2008



Correo mandado por uns veciños de Centroña no que vese a acumulación de lixo desta fin de semana, un lixo que provocou un fedor impresionante nas vivendas próximas e unha imaxe lamentábel do concello ao estar estes colectores na rúa que vai pra Miño. Por ese motivo comentan que lles é igual se o servizo é privado ou non, pero que se recolla dado que todos pagan por un servizo que non se lles presta.

0 comentários: